Un coeur en hiver / Un corazón en inverno

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Un coeur en hiver / Un corazón en inverno

Stéphane e Maxime fabrican e reparan violíns e outros instrumentos de corda. Un día, Maxime confésalle ao seu amigo que namorou de Camille, unha nova e talentosa violinista. Os primeiros encontros entre Camille e Stéphane son fríos, mais aos poucos ela empeza a sentirse atraída polo carácter reservado e impenetrable do socio do seu mozo. A resposta contida e enigmática de Stéphane convértese nun xogo de sedución silenciosa, onde o que se expresa é tan importante como o que queda sen dicir.

  • Título orixinal: Un coeur en hiver
  • Ano: 1992
  • Duración: 105 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Claude Sautet
  • Guión: Claude Sautet, Jacques Fieschi, Jérôme Tonnerre
  • Elenco: Daniel Auteuil, Emmanuelle Béart, André Dussollier
  • Montaxe: Jacqueline Thiédot
  • Fotografía: Yves Angelo
  • Produtora: Raphaël Berdugo, Philippe Carcassonne, Jean-Louis Livi (Francia)
Premio á Mellor Dirección e Mellor Actor Secundario (André Dussollier) nos César 1993 León de Prata á Mellor Dirección e Premio FIPRESCI do Xurado da Crítica Internacional no Festival de Venecia 1992