
Touro Salvaxe
- Repertorio
- DCP4K
- VOSG
Touro Salvaxe
- Repertorio
- DCP4K
- VOSG
Robert De Niro forma equipa co director Martin Scorsese para crear unha eterna obra mestra. Nomeada a oito Oscars, entre eles o de mellor filme e mellor director, este clásico contemporáneo é "ambicioso, violento, poético e lírico" (The New York Times). De Niro interpreta a Jake La Motta, un boxeador cuxas complexidades psicolóxicas e sexuais desembocan en violencia tanto dentro como fóra do cuadrilátero. Joe Pesci e Cathy Moriarty son os coprotagonistas.
Restauración aprobada polo director Martin Scorsese, este novo máster creouse en resolución 4K nun escáner Lasergraphics Director a partir do negativo orixinal de cámara en 35 mm. A banda sonora orixinal en surround 2.0 remasterizouse a partir do soporte magnético de tres pistas en 35 mm.
- Título orixinal: Raging Bull
- Ano: 1980
- Duración: 129 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Martin Scorsese
- Guión: Paul Schrader e Mardik Martin (baseado no libro de Jake La Motta con Joseph Carter e Peter Savage)
- Elenco: Robert De Niro (Jake La Motta), Joe Pesci (Joey), Cathy Moriarty (Vickie La Motta), Frank Vincent (Salvy), Nicholas Colasanto (Tommy Como), Theresa Saldana (Lenore), Mario Gallo (Mario), Frank Adonis (Patsy)
- Montaxe: Thelma Schoonmaker
- Vestiario: John Boxer, Richard Bruno
- Son: Donald O. Mitchell, Bill Nicholson, David J. Kimball, Les Lazarowitz
- Música: Jim Henrikson, Orchestra del Teatro Comunale di Bologna
- Fotografía: Michael Chapman
- Produtora: United Artists (EEUU)
- Distribuidora: Lost & Found







