Terra de ninguén

  • DCP2K
  • VOSE

Terra de ninguén

  • DCP2K

Un escenario neutral. Terra de ninguén. Un home sentado nunha cadeira fala sobre a súa vida. Nos seus anos mozos, foi soldado nun comando de elite portugués durante as guerras coloniais en Mozambique e Angola. Tras a Revolución Carmesí, traballou como gardacostas en Portugal e logo como mercenario da CIA no Salvador, ata rematar asasinando por encargo para os GAL. A monstruosidade das atrocidades que describe contrapóñense ao minimalismo formal do filme e á maneira na que o personaxe se presenta a si mesmo. Permanece impasible cando describe os detalles brutais, fai comentarios mordaces sobre a historia política contemporánea, conta chistes e fanfurriña. As súas sentencias están numeradas, formando a base do estudo e a reflexión por parte da directora. Unha tarefa levada a cabo en terreo esvaradío: datos e ficción, memorias e fantasía, confesións e descricións íntimas da persoa sucédense unhas a outras.

  • Título orixinal: Terra de Ninguém
  • Ano: 2012
  • Duración: 72 minutos
  • Idioma orixinal: Portugués
  • Dirección: Salomé Lamas
  • Guión: Salomé Lamas
  • Participación: Paulo de Figueiredo
  • Montaxe: Telmo Churro
  • Son: Bruno Moreira Dias
  • Fotografía: Takashi Sugimoto
  • Produtora: O Som e a Fúria
  • Distribuidora: Abordar Casa de Películas