
Somewhere Along the Way: A Musical Camino + Concerto con Dan Mullins
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
-
- VOSE Concerto acústico con Dan Mullins
Somewhere Along the Way: A Musical Camino + Concerto con Dan Mullins
- Estrea
- DCP2K
Durante 1.200 anos, o Camiño de Santiago supuxo un reto físico e emoción para os peregrinos. Camiñar centos de kilómetros pode pasar factura pero ofrece unha recompensa sen comparación posible. Cada persoa percorre o Camiño por diferentes motivos, quizais para gozar da soidade, para atopar un tempo de reflexión ou simplemente para baixar o ritmo da vida diaria.
O cantante e compositor Dan Mullins cre que esta experiencia che ensina a mellor versión de ti mesmo e, en homenaxe ao Camiño, creou un musical que percorre o norte peninsular, atravesando sendeiros de montaña, viñedos e bosques centenarios, todo regado de boa bebida, comida e moitas risas. En Somewhere Along the Way: A Musical Camino Dan canta nas súas visitas a igresias, viñedos e bodegas medievais e con esta película convítate a ser un peregrino desde a butaca do cinema.
A sesión, que terá lugar o venres 26 de setembro ás 16:00h, contará coa presenza de Dan Mullins que ofrecerá un concerto acústico antes da proxección.
- Título orixinal: Somewhere Along the Way: A Musical Camino
- Ano: 2025
- Duración: 72 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Simon Burn
- Guión: Simon Burn
- Participación: Dan Mullins



