O sal da terra

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Pases únicos 2 e 4 de xullo

O sal da terra

  • Repertorio
  • DCP2K

Mina de zinc de Novo México, 1951. Os mineiros de orixe mexicana néganse a seguir recibindo salarios inferiores aos dos seus compañeiros anglosaxóns pola realización do mesmo traballo. Á súa vez, as mulleres néganse a seguir tendo un papel inferior á do home na sociedade. Unha constante loita pola iguladade entre persoas de diferente nacionalidade e tamén entre as de diferente sexo. Unha folga indefinida que obterá os resultados agardados só se todos se manteñen unidos na protesta.

O filme terá dúas proxeccións no ciclo Nocturama'25: 10/10. As espectadoras de NUMAX programan, no que, dentro da celebración do décimo aniversario da cooperativa, convidamos as dez usuarias máis habituais da sala a seleccionar e programar unha película. Neste caso o programador das sesións é Emilio Barreiro.

  • Título orixinal: Salt of the Earth
  • Ano: 1954
  • Duración: 89 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Herbert J. Biberman
  • Guión: Michael Wilson
  • Elenco: Rosaura Revueltas, Juan Chacón, Will Geer, Mervin Williams, Frank Talavera
  • Montaxe: Joan Laird, Ed Spiegel
  • Son: Dick Stanton, Harry Smith
  • Música: Sol Kaplan
  • Fotografía: Stanley Meredith, Leonard Stark
  • Produtora: Paul Jarrico (EEUU)
  • Distribuidora: Penteo Films
Karlovy Vary 1954 (Mellor Filme e Actriz)