O país das marabillas

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

O país das marabillas

Fin do verán nun pobo da Umbría italiana. Gelsomina vive cos seus pais e as súas tres irmás pequenas nunha granxa destartalada na que se dedican á produción de mel. As mozas crecen afastadas de todos xa que o seu pai cre que se achega o fin do mundo e prefire o contacto coa natureza.

Non obstante, as regras estritas que manteñen unida á familia se fragilizan coa chegada de Martín, un mozo delincuente enviado por un programa de reinserción. Tamén a chegada á rexión do equipo dun concurso de televisión coñecido como “O País das marabillas” - que ofrece un premio monetario e un cruceiro de luxo á familia máis tradicional - fará que a tensión dentro da familia de Gelsomina vaia en aumento.

  • Título orixinal: La meraviglie
  • Ano: 2014
  • Duración: 110 minutos
  • Idioma orixinal: Italiano
  • Dirección: Alice Rohrwacher
  • Guión: Alice Rohrwacher
  • Elenco: Maria Alexandra Lungu, Sam Louwyck, Alba Rohrwacher, Sabine Timoteo, Agnese Graziani, Monica Bellucci
  • Montaxe: Marco Spoletini
  • Vestiario: Loredana Buscemi
  • Son: Christophe Giovannoni
  • Música: Piero Crucitti
  • Fotografía: Hélène Louvart
  • Produtora: Tempesta, RAI Cinema
  • Distribuidora: Karma Films
Cannes 2014 (Gran Premio do Xurado), Festival de Sevilla 2014 (Premio Especial do Xurado e Mellor actriz), Festival de Mar del Plata 2014 (Mellor guión).