No existen treinta y seis maneras de mostrar cómo un hombre se sube a un caballo

  • DCP2K
  • VO

No existen treinta y seis maneras de mostrar cómo un hombre se sube a un caballo

Algunha vez o director norteamericano Raoul Walsh dixo: "Non existen trinta e seis maneiras de amosar un home que sobe a un cabalo". Unha declaraciónón de principios que establece a forma da linguaxe clásica. Un profesor de cinema arxentino comeza unha investigación sobre a orixe desta frase, sen decatarse que a súa obsesión o levará a meterse nun labirinto de cinefilia conformado por detectives no afastado oeste.

Á sesión súmase a proxección da curtametraxe "Unha película hecha de" dirixida por Malena Solarz e Nicolás Zukerfeld filmada en Vigo. As creadoras virán acompañadas do tamén director Ángel Santos para presentalas.

  • Título orixinal: No existen treinta y seis maneras de mostrar cómo un hombre se sube a un caballo
  • Ano: 2020
  • Duración: 63 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Nicolás Zukerfeld
  • Guión: Nicolás Zukerfeld