
Los olvidados
- Repertorio
- DCP2K
- VO
Pases únicos 22 e 24 de xullo
Los olvidados
- 10/10: As espectadoras presentan
- Repertorio
- DCP2K
Jaibo é un adolescente que foxe dun correccional e se reúne no barrio cos seus amigos. Uns días despois, Jaibo mata, en presenza do seu amigo Pedro, ao rapaz que supostamente tivo a culpa de que o enviasen ao reformatorio. A partir de entón, os destinos de Pedro e Jaibo estarán traxicamente unidos.
O filme terá dúas proxeccións no ciclo 10/10. As espectadoras presentan no que, dentro da celebración do décimo aniversario da cooperativa, convidamos as dez usuarias máis habituais da sala a seleccionar e programar unha película. Neste caso o programador das sesións é Javier García Muela.
- Título orixinal: Los olvidados
- Ano: 1950
- Duración: 88 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Luis Buñuel
- Guión: Luis Buñuel, Luis Alcoriza
- Elenco: Estela Inda, Miguel Inclán, Alfonso Mejía, Roberto Cobo, Alma Delia Fuentes, Francisco Jambrina
- Montaxe: Carlos Savage, Luis Buñuel
- Dirección de arte: William W. Claridge
- Son: José B. Carles, William W. Claridge, Jesús González Gancy
- Música: Gustavo Pitaluga, Rodolfo Halffter
- Fotografía: Gabriel Figueroa
- Produtora: Ultramar Films (México)
- Distribuidora: Penteo Films
Cannes 1951 (Mellor Director)


