La visita y un jardín secreto

  • DCP 2K
  • TP
  • VO

La visita y un jardín secreto

Pouco se sabe da misteriosa figura de Isabel Santaló, unha artista na vellez, hoxe esquecida. Pero, de vez en cando, algunhas visitas aparecen na súa casa. A través delas, e da voz de Antonio López, o único pintor da súa xeración que a recorda, perfílase un filme poliédrico que sorpresivamente se transforma. Un filme sobre a memoria e o esquecemento, sobre a arte e o proceso creativo, sobre que significa ser muller e unha artista.

 

Filme enmarcado dentro da iniciativa Historias para contarnos, o ciclo de cine que reivindica a presencia da muller no audiovisual da man da distribuidora Begin Again Films.

  • Título orixinal: La visita y un jardín secreto
  • Ano: 2022
  • Duración: 65 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Irene M. Borrego
  • Guión: ene M. Borrego, Manuel Muñoz Rivas
  • Participación: Voz: Antonio López. Intervenciones de: Isabel Santaló Compañías
  • Música: Frederic Mompou
  • Fotografía: Javier Calvo, Rita Noriega
  • Produtora: Coproducción España-Portugal; 59 en Conserva SL, Cedro Plátano
  • Distribuidora: Begin Again
Málaga 2022 (Biznaga de prata- premio do público a mellor documental); Documentamadrid 2022 (Premio do público); Feroz 2022 ( Premio especial 'Feroz arrebato')