In Memoriam Malcolm Le Grice

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSG
Pase único 22 de maio | Presenta Alberte Pagán

In Memoriam Malcolm Le Grice

Sesión de homenaxe ao cineasta experimental británico Malcolm Le Grice programada e presentada polo cineasta galego Alberte Pagán. Agradecemos aos descendentes de Le Grice as facilidades dadas para a realización do pase.

Berlin Horse
Malcolm Le Grice | 7 min | Sen diálogos | 1970
Versión para 2 pantallas da curtametraxe máis célebre de Malcolm Le Grice, composta de só dúas imaxes, dous planos, orixinariamente en branco e negro, un de arquivo e o outro filmado en 8 mm., reprocesados opticamente con diversas técnicas que engaden cor, textura e sobreimpresións de positivos e negativos, con efectos de solarización cando se superpoñen.

Emily (Third Party Speculation)
Malcolm Le Grice | 62 min | VOSG | 1979
Segunda entrega dunha "triloxía doméstica" que explora a relación entre o punto de vista restrinxido da cámara e a construción da narrativa documental. A partir da repetición de varias escenas domésticas "neutrais", esta película tenta abordar os problemas de identificación no cinema.

Who Is Emily?
Alberte Pagán | 1 min | VOSG | 2025
Homenaxe a Malcolm LeGrice realizada polo cineasta experimental galego Alberte Pagán a partir de metraxe de Emily (Third Party Speculation) e o audio dunha conversa entre ambos.

  • Título orixinal: In Memoriam Malcolm Le Grice
  • Ano: 1979
  • Duración: 70 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Malcolm Le Grice / Alberte Pagán