Gerry

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Pase único 18 de abril

Gerry

  • Repertorio
  • DCP2K

Co gallo da estrea do último filme de Gus Van Sant —Prime Crime: A True Story—, recuperamos un título de culto da etapa máis radical do cineasta norteamericano, protagonizado por Matt Damon e Casey Affleck.

Dous amigos que viaxan xuntos deciden abandonar a autoestrada e lanzarse á aventura; pero, cando se perden en medio do deserto, empeza para eles unha auténtica odisea na que os seus principais inimigos serán a calor e a deshidratación.

  • Título orixinal: Gerry
  • Ano: 2002
  • Duración: 102 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Gus Van Sant
  • Guión: Gus Van Sant, Matt Damon, Casey Affleck
  • Elenco: Matt Damon, Casey Affleck
  • Montaxe: Gus Van Sant, Matt Damon, Casey Affleck
  • Son: Leslie Shatz
  • Música: Arvo Pärt
  • Fotografía: Harris Savides
  • Produtora: My Cactus (EEUU)
  • Distribuidora: Penteo Filmes
Toronto 2003 (Mención Especial), Locarno 2002 (Sección Oficial)