
Fai o que debas (Do the Right Thing)
- Repertorio
- HD
- VOSE
Fai o que debas (Do the Right Thing)
- Cinema ao aire libre
- Repertorio
- HD
Nun dos barrios máis humildes de Brooklyn viven persoas afroamericanas, vietnamitas, hispanas e unha familia italoamericana que rexenta unha pizzería. Mookie traballa de repartidor e coñece ben o barrio, sendo testemuña das tensións e o racismo que agroma aos poucos no vencindario. Título de culto no que Spike Lee ofrece un retrato das tensións raciais na sociedade americana, tan divertido como dialéctico, tan fermoso como brutal.
Mércores 27 de agosto ás 21:30h. A proxección, incluída nas actividades do Festival C, celebrarase ao aire libre na parte final da rúa Concepción Arenal. Acceso libre até completar aforo. Organizan Concello de Santiago e Deputación da Coruña.
- Título orixinal: Do the Right Thing
- Ano: 1989
- Duración: 110 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Spike Lee
- Guión: Spike Lee
- Elenco: Danny Aiello, Ossie Davis, Ruby Dee, Richard Edson, Giancarlo Esposito, John Turturro, John Savage, Frankie Faison, Samuel L. Jackson, Rosie Pérez, Martin Lawrence, Frank Vincent
- Montaxe: Barry Alexander Brown
- Dirección de arte: Pam Stephens
- Vestiario: Ruth E. Carter
- Son: Skip Lievsay
- Música: Bill Lee
- Fotografía: Ernest R. Dickerson
- Produtora: 40 Acres & A Mule Filmworks (EEUU)
- Distribuidora: Universal Pictures


