Eyes of Laura Mars / Os ollos de Laura Mars

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Máis sesións

Eyes of Laura Mars / Os ollos de Laura Mars

Laura Mars, unha fotógrafa de Nova York famosa polas súas imaxes provocadoras de violencia e erotismo, comeza a ter inquietantes visións: ve a través dos ollos dun asasino mentres este comete os seus crimes. A medida que as mortes se achegan ao seu círculo máis íntimo, Laura tenta distinguir entre a inspiración artística e a obsesión, entre a realidade e a alucinación.

  • Título orixinal: Eyes of Laura Mars
  • Ano: 1978
  • Duración: 104 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Irvin Kershner
  • Guión: John Carpenter, David Zelag Goodman. Baseado nunha historia de John Carpenter
  • Elenco: Faye Dunaway, Tommy Lee Jones, Brad Dourif, Raul Julia, René Auberjonois
  • Montaxe: Michael Kahn
  • Fotografía: Victor J. Kemperx
  • Produtora: Jack H. Harris, Jon Peters, Laura Ziskin (EEUU)
Mellor Vestiario nos Premios Saturn 1979