Estación central

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Pase único 1 de decembro

Estación central

Qinawi é un home cunha parálise parcial nunha perna, de humilde orixe rural, que malvive na estación central do Cairo vendendo xornais. Sexualmente frustrado, persegue lascivamente as mulleres, en particular a Hanuma, líder dunha banda de mozas que se coan nos trens e venden bebidas ilegalmente. Á súa vez, ela está prometida a Abu Siri, un respectado mozo de carga que tenta organizar un sindicato para librarse dos abusos dos seus xefes mafiosos. A frustración de Qinawi irá en aumento, até cometer un acto atroz que porá todo patas arriba.

  • Título orixinal: Bab el-Hadid
  • Ano: 1958
  • Duración: 77 minutos
  • Idioma orixinal: Árabe
  • Dirección: Youssef Chahine
  • Guión: Abd El Hay Adib
  • Elenco: Farid Shawki, Hind Rostom, Youssef Chahine, Hassan El Baroudi, Abdel Aziz Khalil, Neama Was
  • Montaxe: Kamal Abou Al Ela
  • Dirección de arte: Abbas Helmy
  • Son: Aziz Fadel
  • Música: Fouad Al Zahry
  • Fotografía: Alvise Orfanelli
  • Produtora: Nile Cinema Company (Exipto)
  • Distribuidora: Lost&Found Films
Berlinale 1958 (Sección Oficial)