CO- Festival Cine Cooperativo: Rondò final + VeCINES

  • DCP2K
  • VOSE

CO- Festival Cine Cooperativo: Rondò final + VeCINES

Sesión dedicada á proxección das pezas gañadoras da primeira edición de CO- Festival Cine Cooperativo organizado pola sala cooperativa Zumzeig de Barcelona. Pasaranse a longametraxe Rondò final e a curta VeCINES. A sesión completarase coa presentación e coloquio con Carla Blanco, socia-traballadora de Zumzeig e unha das coordinadoras do festival, e membros do colectivo Laboratorio Reversible.
RONDÒ FINAL
L’Ambulante | 2021 | 51 min | Italiano | DOC
Cen anos de imaxenes buscadas e encontros. Fragmentos de película, fitas familiares, píxeles. Un santo mártir, un guerreiro. Santo Efisio, una icona que conmove a xente. Unha festa, un rito que se repite fóra do tempo e que vai acompañado das máscaras de dominacións pasadas e presentes dunha illa: Cerdeña. Qué escapa? Que fica? A pregunta e a resposta son a base da montaxe e renovan o pasado noutro pasado. Neste encontro de miradas en diferido, o día festivo volve renovarse na memoria e o soño, lonxe de lugares coñecidos.

VECINES
Laboratorio Reversible | 2018 | 25 min | Catalán | DOC
Rostros engurrados, un solar abandonado, una sombra engule un gato, dúas mans entrecrúzanse, unha pancarta avanza. Un filme que parece poder esvaecerse en calquera intre, cunha temporalidade en suspenso: as persoas por momentos parecen doutra época, os fotogramas recuperados dun tempo lonxano. Pero estamos no presente, nun barrio que ameaza desaparecer. Un movemento que apenas detén en pequenos xestos de resistencia. "veCINES" é un filme colectivo realizado por Laboratorio Reversible no territorio que habita: o barrio de Poble-sec en Barcelona.

  • Título orixinal: CO- Festival Cine Cooperativo: Rondò final + VeCINES
  • Ano: 2023
  • Duración: 76 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas