Astros inmóbiles

  • Estrea
  • DCP2K
  • +6
  • VE

Astros inmóbiles

As tres narracións propóñennos unha viaxe que nos transporta a universos visuais únicos partindo do simbolismo de cores e formas. Fálannos de convivencia, da posibilidade de pescudar de onde provén cada un e da transcendencia de realizar estas viaxes emocionais.

En Astros inmóviles coñecemos a Chenghua, unha nena de nove anos a quen lle toca asumir a responsabilidade de facer de tradutora para seus pais, de orixe chinesa, e busca evadirse coa súa afección polo espazo. En Luce e a rocha descubrimos a amizade entre dous personaxes que, pese a parecer que non teñen nada en común, se enfrontan xuntos ao seu medo ao descoñecido. Na fábula O nacemento dos oasis unha serpe de sangue frío e un camelo de sangue quente de máis fanse amigos até a fin dos seus días.

  • Título orixinal: Les Astres Immobiles
  • Ano: 2022
  • Duración: 50 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: Noémi Gruner, Séléna Picque
  • Guión: Noémi Gruner, Anna Frégonèse
  • Elenco: Animación
  • Montaxe: César Díaz, Noémi Gruner
  • Son: Pascale Schaer
  • Música: Sarah Triquet
  • Produtora: Tripode Productions
  • Distribuidora: Les Films du Préau
Festival National du Film d’Animation de Rennes (2023), Premio Tricks for Kids ITFS Festival, Stuttgart Festival of Animated Films (2023), ANIMAC (2022), Festival Voir Ensemble (2022)