Ao servizo das damas

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Pases únicos 29 e 31 de xullo

Ao servizo das damas

Unha das máis acedas, enxeñosas e brillantes sátiras da alta sociedade xamais filmada. Un vagabungo é contratado por unha moza para servir na luxosa mansión da súa familia, situada na elegante quinta avenida neoyorkina. O que segue é unha entretida e esaxerada parodia da banalidade da clase social adiñeirada, con maxistrais gags dignos do mellor e máis clásico teatro de variedades americano.

O filme terá dúas proxeccións no ciclo 10/10. As espectadoras presentan no que, dentro da celebración do décimo aniversario da cooperativa, convidamos as dez usuarias máis habituais da sala a seleccionar e programar unha película. Neste caso o programadoro das sesións é Ignacio Piñeiro.

  • Título orixinal: My Man Godfrey
  • Ano: 1936
  • Duración: 94 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Gregory La Cava
  • Guión: Eric Hatch, Morrie Ryskind. Novela: Eric Hatch
  • Elenco: William Powell, Carole Lombard, Gail Patrick, Alice Brady, Eugene Pallet, Mischa Auer, Alan Mowbray
  • Montaxe: Ted J. Kent, Russell F. Schoengarth
  • Dirección de arte: Charles D. Hall
  • Vestiario: Travis Banton, Brymer, Eugene Joseff
  • Son: Homer G. Tasker, Joe Lapis
  • Música: Charles Previn
  • Fotografía: Ted Tetzlaff
  • Produtora: Universal Pictures (EEUU)
  • Distribuidora: Penteo Films
Oscar 1936 (6 Nominacións)