Cineuropa 2024

Filmes xa programados

7291

Juanjo Castro

En xuño do 2020 iníciase na Asemblea de Madrid unha Comisión de Investigación sobre as persoas falecidas durante a primeira onda da pandemia do Covid-19 nas residencias de maiores da Comunidade Autónoma de Madrid (CAM). Segundo datos da CAM, nos meses de marzo e abril do 2020 faleceron 9470 persoas que vivían nestas residencias. Só 2179 delas recibiron atención hospitalaria e 7291 non tiveron derivación. Ler máis

A Face in the Crowd / Un rostro na multitude

Elia Kazan

Estados Unidos a finais dos anos 50. Marcia Jeffries, que traballa na radio local do seu pai en Arkansas, visita a prisión da vila na procura de alguén que participe no seu programa. Alí coñece a Larry Rhodes, un vagabundo borracho e cantante que expresa con descaro todo o que pensa. Impresionada pola súa actitude, Marcia decide levalo ao seu programa de radio. Ler máis

Agarrame fuerte

Ana Guevara, Leticia Jorge

Adela, profundamente conmovida pola morte da súa amiga Elena, atópase atrapada nunha dor que parece non ter fin. Buscando consolo, e esgotada emocionalmente, retrocede nunha viaxe no tempo a un outono de hai dez anos, a unha casa na praia onde o tempo parece deterse. Ler máis

Akiplėša / Toxic

Saulė Bliuvaitė

Marija e Kristina son dúas rapazas de 13 anos que devecen por fuxir da crúa realidade da súa cidade industrial. Coñécense nunha escola local de modelos, onde lles prometen unha vida mellor de triunfaren no mundo da moda. Ler máis

Ver máis