O silencio antes de Bach
- Estrea
 - DCP2K
 - VO
 
O silencio antes de Bach
- Estrea
 - DCP2K
 
O silencio antes de Bach é unha aproximación á música e ás disciplinas e oficios que a rodean a través da obra de Johann Sebastian Bach. Unha mirada sobre as profundas relacións dramatúrxicas que existen entre imaxe e música, de forma que non se concibe esta última como un mero subliñado subsidiario da imaxe, senón como suxeito paritario do relato. Así que parte dunha estrutura musical previa. A banda sonora nútrese de obras de J. S. Bach, de dúas sonatas de Felix Mendelssohn e dun estudo de Gyorg Ligety, que crean unha bóveda arquitectónica baixo a cal transcorre a historia da película. Un paseo polos séculos XVIII, XIX e XXI da man de J. S. Bach.
Proxección incluída no Festival Ateneo Barroco
- Título orixinal: Die Stille vor Bach
 - Ano: 2007
 - Duración: 97 minutos
 - Idioma orixinal: Varios idiomas
 - Dirección: Pere Portabella
 - Guión: Pere Portabella, Carles Santos, Xavier Albertí
 - Elenco: Alex Brendemühl, Feodor Atkine, Christian Brembeck, Daniel Ligorio
 - Montaxe: Òskar Gómez
 - Dirección de arte: Quim Roy
 - Son: Albert Manera
 - Música: Johann Sebastian Bach, Felix Mendelssohn, Gyorg Ligety
 - Fotografía: Tomàs Pladevall
 - Produtora: Films 59
 - Distribuidora: Films 59