Morichales
- Estrea
- DCP2K
- VO
Morichales
- Cineuropa 2025
- Estrea
- DCP2K
Nas extensas chairas da Güiana venezolana, as palmeiras de moriche —árbores sagradas e fonte de vida para as comunidades locais— esténdense sobre unha terra atravesada pola cobiza. Baixo o seu manto húmido agóchase o ouro que atrae mineiros e aventureiros, transformando o ecosistema nun escenario de resistencia e ruína. Un narrador percorre o territorio desde as minas máis remotas ata as ribeiras do Orinoco, e as súas reflexións, combinadas con ilustracións e pinturas fotoquímicas, debuxan o mapa dunha extracción frenética que cuestiona a relación do ser humano coa natureza e o legado extractivista que modela esa paisaxe.
Chris Gude é director e artista visual. A súa ópera prima, Mambo Cool (2013), estreouse no FIDMarseille e gañou o premio á Mellor Longametraxe no Festival Fronteira de Goiânia (Brasil), proxectándose en máis de corenta festivais internacionais. O seu segundo filme, Mariana (2017), tamén estreado no FIDMarseille, recibiu o Premio “Carlos Velo” ao Mellor Director no OUFF 2017 e foi exhibido en numerosos festivais de América Latina, Europa e Estados Unidos. Morichales é a súa terceira longametraxe, filmada ao longo de trece anos.
- Título orixinal: Morichales
- Ano: 2025
- Duración: 83 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Chris Gude
- Guión: Benjamín Naishtat. Relato: Mariana Enríquez
- Elenco: Jorge Gaviria
- Montaxe: Chris Gude, Felipe Guerrero
- Fotografía: Chris Gude
- Produtora: Felipe Guerrero, Chris Gude (Colombia)