La amiga de mi amiga

  • Estrea
  • DCP2K
  • +16
  • VO

La amiga de mi amiga

Teñen trinta anos pero viven como cando tiñan vinte, aínda que xa non teñen idade para converterse en novas promesas. Están namoradas do amor pero, na súa procura, esnaquízanse unha a outras, errando de exmoza en exmoza, de relación en relación.

Co pop e a autoficción como pano de fondo e a aparición dunha coñecida cantante que nunca sabemos se é do todo real, La amiga de mi amiga é un xogo que se inicia cando Zaida, despois dunha ruptura, volve á cidade.

  • Título orixinal: La amiga de mi amiga
  • Ano: 2022
  • Duración: 89 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Zaida Carmona
  • Guión: Zaida Carmona, Marc Ferrer
  • Elenco: Zaida Carmona, Rocío Saiz, Alba Cros, Aroa Elbira, Thaïs Quadreny
  • Montaxe: Eric Monteagudo
  • Fotografía: Alba Cros
  • Produtora: JaJaJa Industrias, Fernández Vera
  • Distribuidora: Begin Again