Crónica dun verán

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VO
Pases únicos 14 e 16 de xullo

Crónica dun verán

París, verán de 1960. O antropólogo e cineasta Jean Rouch, acompañado polo sociólogo e crítico de cinema Edgar Morin, e asistidos por Marceline Loridan e Nadine Ballot, deambulan polas rúas abarrotadas preguntando á xente común e corrente como afrontar as desgrazas da vida. Es feliz? Pero o seu verdadeiro propósito é investigar se as persoas normais poden falar sinceramente fronte unha cámara e como reaccionan cando se lles invita a analizar o significado das súas respostas.

O filme terá dúas proxeccións no ciclo 10/10. As espectadoras presentan no que, dentro da celebración do décimo aniversario da cooperativa, convidamos as dez usuarias máis habituais da sala a seleccionar e programar unha película. Neste caso o programador e presentador das sesións é Julio Vilariño.

  • Título orixinal: Chronique d'un été
  • Ano: 1961
  • Duración: 85 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Jean Rouch, Edgar Morin
  • Guión: Jean Rouch, Edgar Morin
  • Montaxe: Néna Baratier, Françoise Collin, Jean Rave
  • Son: Edmond Barthélémy, Michel Fano, Jean Nény, Guy Rophé
  • Música: Michel Fano
  • Fotografía: Roger Morillère, Raoul Coutard, Jean-Jacques Tarbes, Michel Brault
  • Produtora: Argos Films
  • Distribuidora: Proserpa