
Chovendo pedras
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Pases únicos 7 e 9 de xullo
Chovendo pedras
- Repertorio
- DCP2K
Bob, traballor en paro, vive coa súa muller Anne e a súa filla Coleen nun barrio pobre do norte de Inglaterra. Aínda que a súa situación económica é moi precaria, fiel ás tradicións católicas, vai facer o necesario para que a súa filla leve un fermoso vestido o día da súa primeira comuñón.
O filme terá dúas proxeccións no ciclo '10/10: As espectadoras de NUMAX presentan', no que, dentro da celebración do décimo aniversario da cooperativa, convidamos as dez usuarias máis habituais da sala a seleccionar e programar unha película. Neste caso o programador e presentador das sesións é José Víctor Carou.
- Título orixinal: Raining Stones
- Ano: 1993
- Duración: 90 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Ken Loach
- Guión: Jim Allen
- Elenco: Bruce Jones, Julie Brown, Gemma Phoenix, Ricky Tomlinson, Tom Hickey, Mike Fallon
- Montaxe: Jonathan Morris
- Dirección de arte: Fergus Clegg
- Vestiario: Anne Sinclair
- Son: Ray Beckett
- Música: Stewart Copeland
- Fotografía: Barry Aclkoyd
- Produtora: Parallax Picture (Reino Unido)
- Distribuidora: Penteo Films


