Camp d'été / Campamento de verán

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Camp d'été / Campamento de verán

En Suíza, o movemento scout non é unha reliquia do pasado, senón unha realidade viva e entusiasta. Este documental acompaña un grupo de mozos e mozas durante catorce días de convivencia nun campamento instalado nun val suízo, onde milleiros de adolescentes constrúen unha pequena vila temporal. A través das súas actividades —traballo en equipo, aprendizaxe, disciplina, reflexión e alegría compartida— o filme retrata o idealismo e o sentido ético que sustentan o espírito scout. Un retrato luminoso e cheo de vida sobre a amizade, a responsabilidade e o tránsito á madurez.

Mateo Ybarra é un cineasta suízo formado en realización na HEAD – Genève e na Universidade das Artes de Londres. En 2020 codirixiu, xunto a Raphaël Dubach, LUX, unha recreación dun simulacro do exército suízo que gañou un premio no Festival de Locarno. En 2022 presentou Sur nos monts, construída a partir de imaxes filmadas por soldados durante o servizo militar e galardoada con dous premios no Festival de Cinema Documental Ji.hlava, na República Checa.

O pase contará con presentación previa a cargo do seu director.

  • Título orixinal: Camp d'été
  • Ano: 2025
  • Duración: 78 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Mateo Ybarra
  • Música: Sébastien Bui
  • Fotografía: Lucie Goldryng
  • Produtora: L'artifice, Les Films de la Caravane (Suíza)