A carpa de circo

  • Repertorio
  • DCP4K
  • VOSE

A carpa de circo

A carpa de circo é unha película poética e alegórica que explora con delicadeza a transitoriedade das relacións humanas e o desarraigamento dos marxinados. A chegada dunha compañía de circo ambulante nunha bucólica aldea desencadea unha serie de efectos. Ao estilo cinéma-vérité, Aravindan formou unha troupe de verdadeiros artistas circenses e viaxou con eles ata a vila de Thirunavaya nas marxes do río Bharathapuzha. O primeiro día montouse a carpa e convidouse a todos os habitantes da aldea para ver o espectáculo.

Presenta o profesor e programador de cinema Julio Vilariño Cabezas

  • Título orixinal: Thamp̄
  • Ano: 1978
  • Duración: 129 minutos
  • Idioma orixinal: Malabar
  • Dirección: Aravindan Govindan
  • Guión: Aravindan Govindan
  • Elenco: Bharath Gopi, Nedumudi Venu, D. P. Nair, Sreedharan Chambad, Jalaja, Murikkoli Krishnan, Shreeraman, Kottara Gopalakrishnan, Njeralath Rama Poduval
  • Montaxe: A. Ramesan
  • Son: Devadas
  • Música: Kavalam Narayana Panicker, M.G. Radhakrishnan
  • Fotografía: Shaji N. Karun
  • Produtora: General Pictures, Kollam
  • Distribuidora: Lost & Found