Foco Douglas Sirk

En carteleira

Ver a programación

Escrito sobre o vento

Douglas Sirk

Kile Hadley, un magnate do petróleo, e Mitch Wayne, o seu mellor amigo e empregado, namoran da mesma muller: a secretaria Lucy Moore. Kile, que é un acólico irresponsable, casa con ela, aínda que Mitch está convencido de que con esta voda Lucy comete un grande erro. Ler máis

O que o ceo permite

Douglas Sirk

Unha viúva de boa familia inicia un romance co seu xardineiro. A pesar de pertenceren a dous mundos completamente diferentes deciden casar, pero o seu amor tropeza co rexeitamento dos fillos da muller e do seu círculo social. Ler máis

Sempre hai un mañá

Douglas Sirk

Clifford Groves é un fabricante de xoguetes, canso da turina e coa impresión de non ser debidamente apreciado pola súa muller e os seus fillos. Reencóntrase cunha antiga amiga, Norma Miller Vale, á que non ve desde hai vinte anos e a partir de aí comeza a repensar a súa vida. Ler máis

Obsesión

Douglas Sirk

Bob Merrick, un mozo multimillonario, egoísta e engreído, sofre un accidente mentres conduce unha lancha motora. No hospital aplícanlle o pulmón artificial do doutor Phillips, pero este sofre un ataque repetino e morre. A súa viúva Helen descobre daquela que está completamente arruínada. Ler máis

Anxos sen brillo

Douglas Sirk

Roger Schumann (Robert Stack), un piloto que combateu na Primeira Guerra Mundial, sobrevive facendo acrobacias coa súa avioneta. Burke Devlin (Rock Hudson), un xornalista local que se interesa pola familia Schumann, é testemuña da decadencia do piloto, da frustración da súa muller (Dorothy Malone) e tamén do sufrimento do seu fillo a causa das bromas que mecánicos e pilotos fan a costa de seu pai. Ler máis

O seu gran desexo

Douglas Sirk

En 1920, Naomi Murdoch abandonou a súa pequena vila e a súa familia para poder actuar noutras partes do país. Dez anos despois, a súa filla Lily convida a súa nai a vela actuar na súa obra do instituto. A volta ao seu fogar provocará os comentarios de toda a vila, espertando vellos conflitos e provocando emocións tormentosas. Ler máis