Libraría

A Libraría NUMAX acolle a presentación de «Tocadoras do Val do Dubra» con David Fontán, Lucía Santiago e Carlos Rey

As investigadoras David Fontán, Lucía Santiago e Carlos Rey presentarán Tocadoras do Val do Dubra (aCentral Folque) o xoves 15 de maio ás 19:00h na Libraría NUMAX. A entrada é libre ata completar aforo.

É incible como se conservou... A cantidade e a variedade que teñen é enorme, nunca atopei algo así. [...] Por iso, neste traballo vou presentar as miñas vivencias cunhas mulleres e homes marabillosos, que me acolleron nas súas casas, alá polo 1985, como se fose fillo deles. Cantei, comín, bebín e durmín nas súas casas. Flora, Avelina, Julia... E no 1992, pola intercesión de José Manuel Iglesias "Chiño" e Cándido Meixide, decidímonos a facer un traballo máis exhaustivo da zona. Pero cando o traballo de campo xa estaba feito, cousas da vida... Pois quedou parado e durmindo un longo sono de trinta e un anos, pechado nun caixón.