Libraría

Celso F. Sanmartín presenta «Roseira na estrema» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Roseira na estrema (Apiario) de Celso F. Sanmartín o martes 1 de decembro ás 19:00h. O autor estará acompañado polas poetas e editoras Antía Otero e Dores Tembrás. A entrada é libre ata completar aforo.

 

Roseira na estrema fecha a triloxía composta por A cama de meu avó e A cousa eterna. Hai neste poemario unha reflexión fonda sobre a beleza e os distintos camiños que conducen a ela. Hai tamén sorpresa e olladas sabias que teñen a facultade de penetrar no misterio. Imaxe e símbolo a roseira desprégase neste poemario sen fin.

Celso Fernández Sanmartín (Lalín, 1969) é narrador oral, etnógrafo, poeta, horticultor, ornitófilo, corredor e paseante, agradecido. Publicou fanzines como Repoboar (2015) e libros como Fucsia, talladas, estampados, boca (Imprenta Librería Alvarellos, 2001) ou Gratas e boas novas (2011), nas que mestura creación propia e a memoria narrativa atesourada durante o seu traballo durante dez anos nunha residencia da terceira idade de Lalín. Os seus poemarios A cama do meu avó Manuel Sanmartín Méndez (2018) e A cousa eterna (2024) foron publicados na editorial Apiario.