A Libraría NUMAX acolle a presentación de «Caniche con Vozal» de Carlota Berzal e Adela por díos
Carlota Berzal e Adela por díos presentan Caniche con Vozal (Smol Books) o venres 27 de novembro ás 19:00h. As autoras estarán acompañadas pola ilustradora Teresa Ferreiro. A entrada é libre ata completar aforo.
Caniche con Vozal parte do diario da nai de Carlota Berzal para crear un libro coral entre diario, testemuña, narración y ilustracións: un singular manual para bailar fóra de norma. O libro nace da experiencia da autora coa ataxia de Friedreich de súa nai. É un proxecto que cruza escritura, movemento, ilustración e prácticas corporais, e que propón preguntarse que ocorre cando deixamos de corrixir o movemento e empezamos a escoitalo.
Carlota Berzal é unha dramaturga e creadora sevillana cuxo traballo se sitúa entre a escritura, as artes vivas e a mediación artística. Desde 2014 dirixe La Turba, desde onde desenvolve proxectos presentados en Europa, Latinoamérica, Asia e África co apoio de Embaixadas de España, Instituto Cervantes e outras institucións culturais. Desenvolveu obras con coprodución de Teatros del Canal e colaborou coa compañía danesa Fix+Foxy. Os seus proxectos internacionais recibiron apoio de IBERESCENA e Culture Moves Europe. En 2022 recibiu o Premio a Mejor Actriz no Festival Internacional de Teatro de Alexandría, Exipto. Como autora recibiu o XVII Premio CREA Sevilla Xoven de Dramaturxia, participou no Laboratorio de Novas Dramaturxias de Donostia Kultura e publicou coa Axencia Andaluza de Institucións Culturais.
Adela por dios é unha ilustradora nacida en Lora del Río. Estudou medicina en Sevilla e especializouse en Médico de Familia. Ao finalizar a especialización, decidiu deixar a medicina en pausa para poder centrarse na ilustración. As súas viñetas sobre feminismo, psicoloxía ou política, buscan sintetizar temas complexos e a miúdo comparten un sentido do humor ácido a través de confesións de violenta honestidade.
- Hoxe
- Ver máis